Home 🎬 Bollywood 🎵 Pakistani 🎤 English Pop

Da Mitolóxica Errante: ITH

👤 Mileth 🎼 Catro Pregarias no Albor da Lúa Morta ⏱️ 8:44
🎵 1572 characters
⏱️ 8:44 duration
🆔 ID: 13879029

📜 Lyrics

O son da morte voa no meu ceo,
a miña linaxe perece...
Eu, Inis Elgad, reclámote alá onde o mar volta terra,
e a terra se ergue para toca-lo ceo.

Invócote Torre de Brigantia!
Ante ti abro o camiño entre a bruma.
Invócote Fillo de Breogán,
pai dos meus novos fillos!
As augas traerán o teu corpo,
e o vento elevará o teu nome á eternidade:
Ith, fillo de Breogán, a ti te invoco.

Graña o corvo en ecos nocturnos
ceibando a alma do nativo lar.
Dende a torre navegan seus soños,
verde esmeralda baixo o luar.

Divina deusa natura
morre a cor no teu xardín,
mala herba que arrincarei con dozura,
albos peitos verde e xazmín

Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan.
Estéril linaxe maldixo a Ith, fillo de Breogán.

As brétemas envolven seu corpo,
agochan as teimas da mai sen preñar.
Non sigas o alén dos castros,
non sigas o divino chamar.

Sereas guían teu barco,
escamas de bronce cortar.
Augurio de reais arcos,
frechas de druídico calar.

Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan.
Estéril linaxe maldixo a Ith, fillo de Breogán.

Tribos de Dana, fame de Crom.
Vil Morte brigante, silencio bardos!
Comtempla os rostros das voces que chaman
na fin do camiño, e ca mar derrotada, saúda á morte.

Cae o corpo sen pedras que te honrar,
o sangue danza nun ronsel ritual,
leito de ondas do derrocado mar,
seixo de bruma, eterno memorial

Vento que brúas aló da raíz primordial,
alma que miras cara o luar.
Ergues en voo arredor do fungar do abellón,
canta o lume no ar...

Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan,
estéril linaxe, maldixo a Ith...

⭐ Rate These Lyrics

Average: 0.0/5 • 0 ratings