Romance Dos Paragüeiros
🎵 1508 characters
⏱️ 5:03 duration
🆔 ID: 26018364
📜 Lyrics
Eu non sei se será certo oí o que li nunha revista
Que os mellores industriais saen da Terra da Chispa
Por toda a rexión galega, por calquera sitio que queiras
Sempre soen os dourenses vocear desta maneira
Afiadores, paragüeiros, arranxadores de fontes e pratos
Compro caldeiros de cobre, xomas vellas e farrapos
Pero os que arranxan paragüeiras, sartenes e porcelanas
Tamén teñen o costume de subir polas ventanas
Miña irmá tiña unha filla dunhas vinte anos e pico
Non a deixaba ter novio, a non ser que fora un rico
E ela ben o merecía que era unha moza elegante
Tiña unha casa moi feita e un bolameiro en diante
Como se fora un castigo o diaño que a tentou
Que un paragüeiro dourense con sencillo engañou
Para poder estar con ela subía pola ventana
E aló pola medianoite cando xa estaba na cama
Ó pouco tempo a rapaza sentíase moi maliña
E os mozos foron buscar ó médico da vexiña
Tolle frexas á barriga, púxolle indiciores de sueros
Ata que notou que tiña principio dun paragüeiro
Miña irmá e meu cuñado ao saber o acontecido
Comezaron a berrar que aquilo era un alarido
Máis nos fomos contemplando que o chorar era perder tempo
Chamamos ó paragüeiro e tratouse o casamento
Pero agora o condenado non se quere suxentar
Sempre lle di as veciñas: tedes algo que amañar
Algúns non lle fan caso pero outros vano buscar
Facendo coma que teñen un cravo para remachar
Dice a mestra deste pobo que é unha muller moi lista
Non vos sae peor canalla que eses da Terra da Chispa