Home 🎬 Bollywood 🎵 Pakistani 🎤 English Pop

Alba De Groria (Featuring Eladio Santos & Cristopher Nervo)

👤 Nao Galiza 🎼 Ata Que O Lume Se Apague ⏱️ 5:17
🎵 3064 characters
⏱️ 5:17 duration
🆔 ID: 29409734

📜 Lyrics

Se con palabras traducimos os xestos
Se con palabras provocamos rupturas
Se con palabras enfrontamos discursos
Unha palabra evidencia un disgusto

A rebeldía é unha fase da vida
A adolescencia é a excusa perfecta
O sufrimento non merece unha vida
Monotonía como triste condea

Son a caverna, son a nostalxia
Son a cadea, idiosincrasia
Repulsa firme, condea unánime
Equidistancia, criticar o procés

Disolverse en acción, voar en ácido
O cal nas mans Garzón, sangue no tren Aznar
Tiros no paredón, presos só por cantar
Atacar con cancións a Audiencia Nacional

Aquí estaremos presentando batalla
Micros na nuca apretando palabras
Atacaremos cando chegue a alborada
Toda a xenreira disparada en metralla

Non haberá acubillo pra tanta rata
Nin emisarios que regresen con vida
Cumprimos órdenes, seguimos o guión
Só fomos cómplices, o cargo e o bastón
Somos imbéciles, viva o dictador
Somos a rebelión que un día se conformou

Metidos en formol só vemos tras o cristal
A nosa vida é un live e un insta
Acordamos retrasar a nosa revolución
Para acabar o festín chútate un televisor

Puta bandeira, lume a ese trapo
Retorzo verbas, dirixo un barco
Recito a Shakespeare, escoito a Hamlet
Que bo sistema, vomito fraude

Queren ir por ti, tamén vir por min
Aquí estaremos presentando batalla
Inda temos voz, podemos sentir
Micros na nuca apretando palabras

Prohíben a expreçom, cantar é delinquir
Atacaremos cando chegue a alborada
Quero ser faquir, non outro mártir
Toda a xenreira disparada en metralla

Nom me arrepinto, se vivo o recito
Expreso todo o que sinto, non poño filtro
Amor na tinta deixa que flúa o instinto
Xogan contigo, tamén comigo
O medo enemigo é seu amigo
Vivo prohibido, son fuxitivo
O corazón fálame en tono agresivo

Sigo ferido
Claudico versos como un asesino, vóltome tolo
O demo é antiguo conflicto co frío fodido
Bebo do litro, aplico o delito
En cada renglón do que agora eu escribo
Sufro delirios, cuspo latidos
Máis rápidos que os seus tiros

E levanto
Da tumba os santos, non somos tontos
Estannos petando
Falando merda, roubando entre tanto
Por iso canto, por iso sangro
Somos malandros, versos no fango
Sinte o desprezo, fuck estamentos
Cos calabozos queren calarnos

Vaia pasada
Unha putada, paixón quere ser coaccionada
E dispersada, mentes enfermas van de autorizadas?
Chuvia dourada
Nas súas caras, nas súas caras
Chuvia dourada nas súas caras

Queren ir por ti, tamén vir por min
Inda temos voz, podemos sentir
Nós somos así, todo ou nada en fin
Prohíben a expreçom, cantar é delinquir

Quero ser faquir, non outro mártir
Que teña que partir fuxindo da dor
Amar é vivir, se non é así un tiro ó corazón

Sen trapalladas
Realidade ta sendo alterada, borran pegadas
Non interesas move os pés e anda
Menuda banda, foden a manda
Imos por tandas, chegan e arramplan
Cantan o "Cara"? Pártelle a cara
Homes e mulleres bravas

Non digo nada, no. Non digo nada, no
Non digo nada
O meu peito é o que fala
Non digo nada, no. Non digo nada, no
Non digo nada
Liberdade é apresada

⭐ Rate These Lyrics

Average: 0.0/5 • 0 ratings