Home 🎬 Bollywood 🎵 Pakistani 🎤 English Pop

Non É Teu Nin É Meu

👤 A Gramola Gominola 🎼 A Gramola Gominola ⏱️ 2:54
🎵 955 characters
⏱️ 2:54 duration
🆔 ID: 30595243

📜 Lyrics

Atopei nun verán, soterrado no chan
Furando a carón dunha vella veleira
Algo que me deixou listo para soñar
Un vello papel nun caixón de madeira

Frases escritas que ninguén entende
Unha mensaxe pra descifrar
Esa adiviña que garda un prezado tesouro
Que ao longo do río terás que buscar

Nin é teu, nin é meu, hai o que compartir
É de nós, é de todos, é un tesouro especial
E a riqueza que temos é esencial pra vivir
E obrigado ao respectopra non o estragar

Pensei en pasear e mirar ao redor
E caeron mil bágoas dun ceo grisallo
E o silencio trazou breves notas de amor
Que limparon as follas, o aire e o prado

E o río cantou e o meleiro chorou
E o martiño peixeiro fondeaba na auga
E daquela caín, nin que pobre de min
Non sabía que o río era o ouro e a prata

É o sangue que corre por prados e veigas
Nas hortas, nas fragas, nas nosas colleitas
No raposo, no brilo, na colleita e na miña
É a riqueza do home e na auga e na vida

⭐ Rate These Lyrics

Average: 0.0/5 • 0 ratings