Home 🎬 Bollywood 🎵 Pakistani 🎤 English Pop

Valentes (Sesiones Moraima 2)

👤 Andrés Suárez 🎼 Sesiones Moraima 2 ⏱️ 3:15
🎵 1285 characters
⏱️ 3:15 duration
🆔 ID: 31042430

📜 Lyrics

Se cambias a fala, será a nosa linguaxe
Libera a equipaxe, que se acha a levo eu
Se treme a túa risa, será porque ris forte
Será que entre a xente, teus pés soan mellor
E gañas carreiras e todos aclaman o teu nome
E perdes se queres o norte, que gaño contigo a razón
De tanta beleza, a lúa agita o teu embigo
E crecen ao nome dos ríos, o teu ventre nun pacto de amor
Ela ve cores no meu branco e negro
Chegou o outono ao seu cabelo
E logo non deixou de sorrir na batalla
Esa que non sempre se gaña
Se bailas máis lento, será para que aprendas
Decláralle a pena á túa bélica paixón
Se chega o insonio, confésame algún soño
Permite que no tempo perdure a túa calor
Déixame decidir se quero coidarte
Volvéndote estrela que arde
Que todo se acenda de ti
Ela ve cores no meu branco e negro
Chegou o outono ao seu cabelo
E logo non deixou de sorrir na batalla
Esa que non sempre se gaña
Tempo despois quixen vela e onte na súa habitación
Outra muller sostiña un papel, falle unha canción
El marchou chorando o mesmo mar onde unha vez
Xurou que non a esquecería
Despediu a un anxo disfrazado de muller
Para coidar da súa familia
Ela viu cores no meu branco e negro
Chegou o outono ao seu cabelo
E logo non deixou de sorrir na batalla
Esa que non sempre se gaña

⭐ Rate These Lyrics

Average: 0.0/5 • 0 ratings