Home 🎬 Bollywood 🎵 Pakistani 🎤 English Pop

Romance de Bernaldino e Sabeliña

👤 Luar Na Lubre 🎼 Plenilunio ⏱️ 5:42
🎵 815 characters
⏱️ 5:42 duration
🆔 ID: 7386384

📜 Lyrics

Polo mundo me vou, madre,
Polo mundo a camiñar(e)
En busca de Bernaldino
Que no o podo atopar(e).

E se foi de terra en terra
E de lugar en lugar(e)
Topou unha lavandeira
Lavando nun areale.

-De Bernaldino señora
Que novas me pode dar(e)?
-Bernaldino, é da reina
O paxeciño galan(e).

Ao decir estas palabras
Bernaldino a porta sae

-Quen te trouxo aquí Sabela,
Quen te trouxo a este lugar(e)?

-Teus amores Bernaldino,
Por aquí me fan andar(e).
Colleronse polo brazo,
Puxeronse a pasear(e).

En canto os vira a raiña
Aos dous mandara matar(e)
A ella enterrana no coro,
Enterrano no altar(e).

Dela naceu unha fonte,
E del un verde olivar(e);
Tanto crecen un e outro
Que aos ceos foron chegar

Cando os ventos sopran mainos
Os dous se queren falar(e)
Cando os ventos sopran recios
Os dous se queren bicar(e)

⭐ Rate These Lyrics

Average: 0.0/5 • 0 ratings