Conxuro da Queimada / Negra Sombra
🎵 1515 characters
⏱️ 4:57 duration
🆔 ID: 8389230
📜 Lyrics
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasnos e diaños
Espíritos das neboadas veigas
Corvos, pintegas e meigas
Rabo ergueito de gato negro
E todos os feitizos das menciñeiras
Podres cañotas furadas
Fogar de vermes e alimañas
Lume da Santa Compaña
Mal de ollo, negros meigallos
Cheiro dos mortos, tronos e raios
Fuciño de sátiro e pé de coello
Ladrar de raposo, rabiño de martuxa
Oubeo de can, pregoeiro da morte
Pecadora lingua de mala muller
Casada cun home vello
Averno de Satán e Belcebú
Lume de cadáveres ardentes
Lumes fatuos da noite de San Silvestre
Corpos mutilados dos indecentes
E peidos dos infernais cus
Bruar da mar embravecida
Agoiro de naufraxios
Barriga machorra de muller ceibe
Miañar de gatos que andan á xaneira
Guedella porca de cabra mal parida
E cornos retortos de castrón
Con este cazo
Levantarei as chamas deste lume
Que se asemella ao do inferno
E as meigas ficarán purificadas
De tódalas súas maldades
Algunhas fuxirán
A cabalo das súas escobas
Para iren se asulagar
No mar de Fisterra
Ouvide! Escoitade estos ruxidos...!
Son as bruxas que están a purificarse
Nestas chamas espiritosas
E cando este gorentoso brebaxe
Baixe polas nosas gorxas
Tamen todos nós quedaremos libres
Dos males da nosa alma
E de todo embruxamento
Forzas do ar, terra, mar e lume!
A vós fago esta chamada
Se é verdade que tendes máis poder
Ca humana xente
Limpade de maldades a nosa terra
E facede que aquí e agora
Os espiritos dos amigos ausentes
Compartan con nós esta queimada
Demos, trasnos e diaños
Espíritos das neboadas veigas
Corvos, pintegas e meigas
Rabo ergueito de gato negro
E todos os feitizos das menciñeiras
Podres cañotas furadas
Fogar de vermes e alimañas
Lume da Santa Compaña
Mal de ollo, negros meigallos
Cheiro dos mortos, tronos e raios
Fuciño de sátiro e pé de coello
Ladrar de raposo, rabiño de martuxa
Oubeo de can, pregoeiro da morte
Pecadora lingua de mala muller
Casada cun home vello
Averno de Satán e Belcebú
Lume de cadáveres ardentes
Lumes fatuos da noite de San Silvestre
Corpos mutilados dos indecentes
E peidos dos infernais cus
Bruar da mar embravecida
Agoiro de naufraxios
Barriga machorra de muller ceibe
Miañar de gatos que andan á xaneira
Guedella porca de cabra mal parida
E cornos retortos de castrón
Con este cazo
Levantarei as chamas deste lume
Que se asemella ao do inferno
E as meigas ficarán purificadas
De tódalas súas maldades
Algunhas fuxirán
A cabalo das súas escobas
Para iren se asulagar
No mar de Fisterra
Ouvide! Escoitade estos ruxidos...!
Son as bruxas que están a purificarse
Nestas chamas espiritosas
E cando este gorentoso brebaxe
Baixe polas nosas gorxas
Tamen todos nós quedaremos libres
Dos males da nosa alma
E de todo embruxamento
Forzas do ar, terra, mar e lume!
A vós fago esta chamada
Se é verdade que tendes máis poder
Ca humana xente
Limpade de maldades a nosa terra
E facede que aquí e agora
Os espiritos dos amigos ausentes
Compartan con nós esta queimada