Home 🎬 Bollywood 🎵 Pakistani 🎤 English Pop

Romance de Novembro

👤 Luar Na Lubre 🎼 Mar Maior ⏱️ 5:22
🎵 990 characters
⏱️ 5:22 duration
🆔 ID: 8722190

📜 Lyrics

Novembro volveu,
Esváense de néboa os cumes do corazón
E viaxa nun marco o sorriso de alguén,
Chamadas perdidas en gris,
Son eu quen embaza o cristal outra vez,
Unha avelaíña a durmir.
Novembro volveu
E canta esta vella canción a quen esqueceu.

Debuxo ao voar
Un mapa de luces: Seilán, O Vilar, Xerdiz,
Conxélase a noite onde Castromaior
A última vez que te vin,
Mollei o vestido no campo do adeus,
Caeron estrelas por ti.
Alí seguirán
As luces da terra e un leito no teu pumar.
Novembro volveu,
E canta esta vella canción a quen esqueceu.

"Enterran semente", dixera Daniel,
Sen culpa, sen nome nin lei,
Marchei sendo nova e o medo quedou,
Non é unha historia de amor.
Alí han de seguir
As luces da terra, Amada, Adrián, Manuel.
No alto do ceo
Caeron estrelas por quen nunca regresou.

Conxélase a noite onde Castromaior
A última vez que te vin.
Se xean as augas da fonte, eu direi
Que fale Novembro por min.
E Novembro volveu
E canta esta vella canción a quen esqueceu

⏱️ Synced Lyrics

[00:36.42] Novembro volveu,
[00:38.42] Esváense de néboa os cumes do corazón
[00:55.06] E viaxa nun marco o sorriso de alguén,
[00:58.86] Chamadas perdidas en gris,
[01:03.55] Son eu quen embaza o cristal outra vez,
[01:08.31] Unha avelaíña a durmir.
[01:13.07] Novembro volveu
[01:14.92] E canta esta vella canción a quen esqueceu.
[01:22.59] Debuxo ao voar
[01:24.83] Un mapa de luces: Seilán, O Vilar, Xerdiz,
[01:30.32] Conxélase a noite onde Castromaior
[01:36.17] A última vez que te vin,
[01:39.89] Mollei o vestido no campo do adeus,
[01:45.50] Caeron estrelas por ti.
[01:50.11]
[02:17.22] Alí seguirán
[02:19.13] As luces da terra e un leito no teu pumar.
[02:25.60] Novembro volveu,
[02:28.49] E canta esta vella canción a quen esqueceu.
[02:35.06] "Enterran semente", dixera Daniel,
[02:39.86] Sen culpa, sen nome nin lei,
[02:44.44] Marchei sendo nova e o medo quedou,
[02:48.11] Non é unha historia de amor.
[02:53.77]
[03:29.61] Alí han de seguir
[03:31.72] As luces da terra, Amada, Adrián, Manuel.
[03:38.24] No alto do ceo
[03:41.04] Caeron estrelas por quen nunca regresou.
[03:47.41] Conxélase a noite onde Castromaior
[03:52.15] A última vez que te vin.
[03:56.68] Se xean as augas da fonte, eu direi
[04:00.53] Que fale Novembro por min.
[04:06.16] E Novembro volveu
[04:08.95] E canta esta vella canción a quen esqueceu
[04:26.19]

⭐ Rate These Lyrics

Average: 0.0/5 • 0 ratings